Competición de habilidades de FP en Maranelo (Italia)

Publicado el 10 de junio de 2025, 9:06

O noso centro ven de participar nunha Competición de habilidades de FP que organizou, dentro do programa Erasmus+, a Asociación de Profesores de Automoción de Galicia A.P.A.G.A.

O alumno da Universidade Laboral, Adrián Blanco de 2º Electromecánica, foi o representante na competición que se celebrou no Istituto Di Istruzione Secondaria Superiore A de Ferrari, en Maranelo, Italia.

Neste primeiro certame, participaron varios centros de España e Italia.

O profesor de automoción, Manuel Luciano Sanchez, foi o encargado de acompañar e titorizar ao noso alumno.

Ámbolos dous comentaron que foi unha experiencia moi boa, e animan ao futuro alumnado a participar na mesma.

Añadir comentario

Comentarios

Todavía no hay comentarios

Crea tu propia página web con Webador